24/02/14

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

O NOSO GRAFFITI

Rosalía de Castro é unha fenda.
Unha ferida aberta nas conciencias.
A voz que sempre nos asombra.
Querémola viva,
sabémola ceiba.
Querémola pola rúa,
nos barrios e nos arrabaldes,
nas aldeas e nas prazas,
nas fachadas brancas dos edificios.
Queremos que os seus versos nos invadan,
fender con eles o mutismo das paredes.
Para que a súa voz ilumine os muros.
Alta e clara como murmurio e como berro.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)


ADIÓS RÍOS, GOODBYE RIVERS...







Ningún comentario:

Publicar un comentario