06/03/15

MICROCONTOS

En 2º de ESO traballamos os microrrelatos.
 Os alumnos e alumnas practicaron este xénero narrativo tan de moda nestes tempos da inmediatez e o breve. O resultado foi moi interesante, con creacións moi orixinais. Publicamos os mellor valorados polos propios alumn@s da clase.
 
     O sonámbulo suicida de Adrián Rouco Basanta
Eu son un home moi medoso. Teño medo a morrer axiña e medo a non morrer nunca, a morrer estupidamente e a quedar inútil. Polo que prefiro escoller cando e como morrer. Dito isto, adeus!-e saltou da ponte. Cando estaba caendo espertou, e decatouse de que en realidade...estaba caendo da ponte.                                                                                                        

En alta definición de Noel Quelle Martínez
 
Todo comezou coas armas caídas en malas mans. 
Oíanse disparos, xente berrando piedade... O sangue corría en regatos,  os ríos tinguíranse de vermello...  Todo parecía non ter fin, só a miña película.




A araña de David Paleo Díaz 

Estaba só e seguía detrás miña, xa non sabía que facer. Íame matar! Ela tampouco se movía. Entrou a miña mai e esmagouna.




 


 

1 comentario: