14/01/16

RUTA LITERARIA POLO MUSEO DE LUGO

O 14 de xaneiro regresamos a Lugo para levar a cabo unha actividade moi interesante e divertida: a ruta literaria polo Museo Provincial. Esta ano tocoulle  ao alumnado de 2º de ESO, quen nas semanas previas estivo a preparar nas clases de Galego os catro relatos nos que se basea a ruta e que forman parte do libro Contos do museo. Os catro grupos foron rápidos e hábiles para respostar o cuestionario e moverse polo museo, mais só un deles foi o gañador. Noraboa, rapaces!
Tras a proba, puideron realizar unha visita guiada á catedral de Lugo.


1 comentario: