05/04/17

MICROCONTOS



 Os microcontos do alumnado de 2º de ESO que máis gustaron.





Cando ela entrou no seu cuarto, encontrouse a si mesma... tirada no chan, cun vaso roto ao carón.

Sheila Duarte








Ía moi rápido, e de súpeto, estampouse contra o chan. A folla finalmente chegara ao seu destino sen ningún dano.

Xabier Boixet
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario